Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Unha véntena de locais participan no II Concurso Tui&Tapa neste mes de marzo

Undefined

Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso Tui&Tapa.  Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.

Esta mañá tivo lugar a presentación deste evento por parte da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, e a presidenta de Arraianos, Andrea Costa.

Mañá preséntase Tui&Tapa 2020

Undefined

Mañá martes, 3 de marzo, ás 12.30 h na Tapería Época no Liceo Casino de Tui presentarase a ruta de tapas “Tui&Tapa 2020” organizada pola Asociación Arraianos coa colaboración do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e a presidenta da Asociación Cultural Arraianos, Andrea Costa.

A fotografía de Pedro Fernández gañadora da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”

Undefined

Pedro Pablo Fernández Pérez con 968 Me Gusta na súa fotografía en Instagram na que aparece unha parella na praza de San Fernando, co Love instalado aos pés da Catedral, é o ganador da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”. Poderá disfrutar dunha noite para dúas persoas en Aloia Nature.

Gaña con Tui é un amor

Undefined

As concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui  coa colaboración do comercio local teñen en marcha a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” co gallo do Día dos Namorados.. O obxectivo da mesma é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados e promocionar turisticamente a cidade.

Dentro desta campaña as persoas que realicen fotografías nos elementos decorativos instalados nas rúas tudenses poderán optar a tres premios. 

Comeza a campaña “Tui é un amor. Namoráte de Tui” que busca a promoción da cidade e do comercio local

Undefined

“Tui é un amor. Namórate de Tui” é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados.  Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados.

A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

O luns preséntase a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui”

Undefined

O luns, 3 de febreiro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” que se vai realizar na cidade co gallo do Día dos Namorados.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Mercado e Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, darán conta das actividades previstas.

O Concello de Tui aposta pola reciclaxe no mercado semanal dos xoves coa colocación de 20 contedores de recollida selectiva

Undefined

O Concello de Tui, dentro da súa aposta polo medio ambiente, a economía circular e a reciclaxe, vén de colocar vinte colectores de recollida selectiva no mercado semanal dos xoves.

En concreto trátase de dez colectores para a recollida de plásticos e envases e outros dez de papel e cartel colocados ao longo do Paseo da Corredoira, e as rúas Compostela, Mondoñedo e Lugo, lugares nos que se celebra os xoves o mercado semanal.

O Paseo da Corredoira transfórmase nun Mercado Sustentable de Nadal cunha coidada ambientación

Undefined

Unha coidada ambientación inspirada nos mercados que se celebran en Centroeuropa será a que luza dende este xoves no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui.

Este céntrico Paseo acollerá os preto de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” e iluminación nos que  se ofrecerá unha ampla variedade de produtos vinculados ao Nadal. Na decoración apóstase tamén pola reciclaxe, xa que se empregan restos das podas de árbores.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado