Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

A cota trimestral da taxa do lixo será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola pandemia

Undefined

O Concello de Tui aplicará aos establecementos que tiveron que permanecer pechados durante o estado de alarma ou na actualidade coma consecuencia das medidas restritivas que están vixentes en Tui a mesma cota trimestral da taxa anual do lixo que ás vivendas, no período no que estiveron sen actividade. 

O Concello de Tui prepara unha Guía da hostalería e restauración de Tui cos servizos de entrega a domicilio e recollida no local

Undefined

O Concello de Tui, a través da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui, está a elaborar un directorio con todos os establecementos hostaleiros e de restauración do municipio  que ofertan o servizo de comida para levar ou de recollida no local.  O obxectivo é aglutinar nun único espazo a ampla oferta gastronómica que ofrece a hostalería e restauración tudense e ao tempo apoiar a este sector nestes duros momentos, segundo explica a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

O Concello de Tui aprobou as primeiras 108 axudas a establecementos e persoas autónomas que estiveron sen actividade debido á pandemia

Undefined

A Xunta de Goberno local do Concello de Tui aprobou a semana pasada as primeiras 108 axudas a establecementos e persoas autónomas ao abeiro do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia, Reactiva Tui. Suman un total de 93.168,45€ con axudas de até 1000 euros por solicitante destinadas a facer fronte aos gastos de aluguer do local comercial, ao investimento preciso para a transición ou optimización do comercio en liña, así coma para a incorporación das medidas de prevención establecidas, ou para acondicionar os locais comerciais á actual situación de pandemia.

Ao longo do mes de novembro celebrarase o programa Quero Formación dentro da iniciativa Quero Tui

Undefined

Impulsar a transformación e dixitalización do comercio e a hostalería local é o obxectivo do programa de formación QueroFormación que se realizará durante o mes de novembro dentro da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui.

Este proxecto formativo desenvolvarse en formato en liña, ante as actuais circunstancias derivadas da pandemia da COVID 19.  Consistirá na emisión de videocoferencias que conectarán aos comerciantes tudenses coas necesidades reais do mercado actual.

Ponse en marcha QueroTui un proxecto que pon en valor o local dende o local

Undefined

Ás doce deste mediodía presentouse a través das redes sociais o proxecto “Quero Tui” que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso.

Mañá preséntase unha iniciativa de promoción do Camiño Portugués do comercio de Tui e de Milladoiro

Undefined

Mañá venres, 16 de outubro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación dunha iniciativa de promoción do Camiño Portugués de Santiago promovida pola asociación de comerciantes Palmira Bulevar de Milladoiro e ACITUI de Tui. 

A Corredoira acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo

Undefined

O Paseo da Corredoira acolle esta fin de semana un mercado solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizado polo Concello de Tui e a asociación Revolto Artesán Galego.

Contará con 18 postos de antigüidades e coleccionismo, alimentación con produtos como filloas doces e salgadas e queixos gourmet, artesanía en madeira, pedra, cristal ou barro… Abrirá o domingo de 10 a 21h e o luns de 10 a 20.30 h.   O domingo de 10 a 12 h voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño estarán nunha carpa recollendo alimentos non perecedoiros.

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Undefined

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado