Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Ata finais deste mes pódense seguir solicitando os bonos de compra Activa Tui

Undefined

O 30 de abril remata o prazo para solicitar e consumir os preto de 1.600 bonos “Activa Tui” aínda dispoñibles da campaña posta en marcha polo Concello de Tui.  

O Concello de Tui destina a este fin 50.000 euros distribuídos en 5.000 bonos de consumo de 10 euros para canxear en compras superiores a 25 euros nos 67 establecementos participantes. As persoas de Tui, ou de calquera outro concello, maiores de 16 anos, poden solicitar até dous bonos en activa.tui.gal.

O Concello de Tui ofrece 5 cursos para os sectores do comercio e hostalería en liña e gratuítos

Undefined

Até o 25 de marzo está aberto o prazo de inscricións para os curso de formación en liña para os sectores da hostalería e comercio que ofrece o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Son cursos 100 subvencionados polo SEPE, dirixidos a persoas traballadoras destes dous sectores, autónomos e persoas traballadoras de calquera sector que estean en ERTE.  Ao remata da actividade formativa as persoas participantes recibirán un certificado oficial.

O mercado semanal dos xoves regresa mañá con todas as medidas de seguridade

Undefined

O Concello de Tui informa que ante a mellora da situación epidemiolóxica en Tui e en toda Galicia en xeral, volve a celebrarse dende este próximo xoves 18 de febreiro o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. Lembramos que dende xuño decidiuse o cambio de emprazamento do mercado cara á zona de Camfran, entre a prolongación de Casal Aboy e a Avenida de Concordia, cunha superficie de case 15 mil metros cadrados.

Media tonelada de alimentos se recolleron na Campaña de Nadal da Praza a favor da SOS Tomiño Baixo Miño

Undefined

Media tonelada de alimentos foron os  recollidos na Campaña solidaria de Nadal desenvolvida na praza de Abastos de Tui a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño.  Hai uns días tiña lugar a entrega destes alimentos á asociación asistencial que os distribuirá entre as familias ás que presta axuda.

Dende o Concello quérese amosar o agradecemento a Rita Álvarez, de Las Flores de Rita, que propuxo a iniciativa, aos praceiros e praceiras e á veciñanza pola súa colaboración solidaria nesta campaña.

Modificados o prazos da campaña Activa Tui

Undefined

O Concello de Tui vén de modificar os prazos establecidos inicialmente na campaña Activa Tui ante as novas medidas restritivas que entraron en vigor esta semana e que afectan directamente tanto aos establecementos comerciais coma a hostalería.

O prazo para a adherirse a esta campaña de bonos Activa Tui para os establecementos, que remataba hoxe, se amplía até o 28 de febreiro. O próximo 1 de marzo será cando se faga pública a listaxe cos establecementos participantes.

Suspendido o mercado semanal dos xoves até o 17 de febreiro

Undefined

O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e o incremento na intensidade das restricións establecidas pola Xunta de Galicia para toda a comunidade autónoma coa finalidade de conter as cifras inéditas que estamos a vivir, durante as próximas tres semanas – até o próximo 17 de febreiro- suspenderá o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo a transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.

O Concello de Tui destina 50 mil euros en bonos de compra para a reactivación da economía local

Undefined

Mañá mércores, 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”.  Hoxe veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno. O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros. 

A praza de Abastos realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

Undefined

A Praza de Abastos de Tui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Mercado, realiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinados a SOS Tomiño Baixo Miño. Na propia praza habilitouse un espazo para depositar estes produtos.

A recollida de alimentos non perecedoiros realizarase entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño recollerán semanalmente os produtos entregados 

Empresarios tudenses xunto co Concello promoven unha campaña de bonos agasallo coma alternativa as ceas e aguinaldos de Nadal das empresas

Undefined

“En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui. 
Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, o representante de EMPRETUI, Abel Vila, o presidente da Asociación de empresarios/as de Areas, Giorgio Casoni, e interviu Jesús Vaz e Manuel González da empresa Coplegal S.L.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado