Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

O luns preséntase a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui”

Undefined

O luns, 3 de febreiro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” que se vai realizar na cidade co gallo do Día dos Namorados.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Mercado e Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, darán conta das actividades previstas.

O Concello de Tui aposta pola reciclaxe no mercado semanal dos xoves coa colocación de 20 contedores de recollida selectiva

Undefined

O Concello de Tui, dentro da súa aposta polo medio ambiente, a economía circular e a reciclaxe, vén de colocar vinte colectores de recollida selectiva no mercado semanal dos xoves.

En concreto trátase de dez colectores para a recollida de plásticos e envases e outros dez de papel e cartel colocados ao longo do Paseo da Corredoira, e as rúas Compostela, Mondoñedo e Lugo, lugares nos que se celebra os xoves o mercado semanal.

O Paseo da Corredoira transfórmase nun Mercado Sustentable de Nadal cunha coidada ambientación

Undefined

Unha coidada ambientación inspirada nos mercados que se celebran en Centroeuropa será a que luza dende este xoves no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui.

Este céntrico Paseo acollerá os preto de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” e iluminación nos que  se ofrecerá unha ampla variedade de produtos vinculados ao Nadal. Na decoración apóstase tamén pola reciclaxe, xa que se empregan restos das podas de árbores.

Tui aposta por un Nadal que pon en valor os seus recursos, sustentable e singular

Undefined

“Tui, Camiño do Nadal, o camiño natural” é o lema baixo o que se celebra este ano a programación de Nadal en Tui. Dende o concello de Tui apóstase por un amplo programa de actividades dirixidas a público de todas as idades que se van celebrar dende este domingo, 1 de decembro, até o 5 de xaneiro.

Esta tarde o alcalde, Enrique Cabaleiro, e as concelleiras de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, presentaron a programación a desenvolver que ten coma eixos o patrimonio tudense, o Camiño de Santiago e a sustentabilidade.

A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Undefined

Dende este xoves, 7 de novembro, a  rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade.  Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín. 

O Concello de Tui inicia a elaboración dun Diagnóstico da situación e usos do Mercado Municipal

Undefined

O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado