Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas Reactiva II

Listaxe provisional de Admitidos e Excluídos e causas de exclusión establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva II”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial do Concello de Tui.

Establécese un prazo de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio para alegar o que, no seu dereito, consideren oportuno ou emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida, segundo se recolle na Base 8ª da convocatoria.

 

A V Feira do Peregrino celébrase en Tui o 4 e o 5 de setembro

Undefined

O sábado 4 e o domingo 5 de setembro celebrarase en Tui a V Feira do Peregrino cun programa de actividades destinado a potenciar o Camiño de Santiago Portugués. 

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.  

A V Feira do Peregrino será presentada mañá venres

Undefined

Mañá venres, 30 de xullo, ás 12 h no Pórtico da Catedral de Tui terá lugar a presentación da V Feira do Peregrino que se vai celebrar na cidade o sábado 4 e o domingo 5 de setembro.

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui, e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.

A próxima semana comezan as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos

Undefined

A próxima semana comezarán as obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos de Tui consistentes na reparación da cuberta e da estrutura portante. Suporán un investimento de 96.437 € , IVE incluído, dos que 50 mil son financiados ao abeiro das Subvencións para Proxectos de Rehabilitación e Reforma de Mercados Municipais de Venda de Produtos Agroalimentarios de Agader, asumindo o concello con fondos propios o importe restante.

Mañá abre o prazo de solicitude das axudas do programa Reactiva Tui II

Undefined

Dende mañá e até o 3 de xuño poderanse solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui. Teñen por obxectivo paliar o impacto na actividade económica que supuxo o peche perimetral de Tui a través da aportación de liquidez ás empresas e autónomos da cidade. O Concello de Tui destina a estas axudas 238 mil euros, dos que 190 mil son de fondos propios e 48 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra. A convocatoria deste programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de marzo. 

Reunión Telemática Informativa sobre as axudas Reactiva Tui II

Undefined

O luns, 3 de maio, ás 18 h terá lugar unha reunión telemática informativa sobre as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui  dirixido a persoas autónomas e microempresas.

Na reunión o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a Concelleira de Comercio, Emprego e Igualdade informarán sobre a xestións destas axudas cuxo prazo de solicitude se abrirá en breve.

Os datos de acceso á reunión son os seguintes: 

Plataforma Zoom 

Reunión telemática informativa sobre as axudas Reactiva Tui II

Undefined

O próximo luns, 3 de maio, ás 18 h terá lugar unha reunión telemática informativa sobre as axudas Reactiva Tui II aprobadas polo Concellos de Tui para persoas autónomas e microempresas.

Na reunión o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a Concelleira de Comercio, Emprego e Igualdade informarán sobre a xestións destas axudas cuxo prazo de solicitude se abrirá en breve.

Os datos de acceso á reunión poden consultarse no enlace accesible en tui.gal.

O Concello de Tui destina case 240 mil á segunda liña de axudas Reactiva Tui

Undefined

O Concello de Tui destina 238.686,86 euros á segunda liña de axudas Reactiva Tui dirixida a persoas autónomas e microempresas do Concello de Tui. Deste total 190 mil euros están financiados con fondos propios e 48.686,886 a través da cantidade adicional da liña 2 do Plan Concellos da Deputación.  

As bases reguladoras desta segunda liña de axudas Reactiva Tui foron aprobadas por unanimidade en pleno, o pasado 25 de marzo, dentro do Plan de Reactivación económica local.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado