Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana a I Feira da Cabaza

Undefined

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas. 

Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.   

I Feira da Cabaza

Debido á previsión de choiva a trasládase ao pavillón do IES San Paio a I Feira da Cabaza que esta fin de semana, sábado 30 e domingo 31 de outubro, terá lugar no centro urbano. A I Feira da Cabaza desenvolveuse dende comezos deste mes de outubro nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns.

Tui celebra a I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro

Undefined

Esta fin de semana comeza a I Feira da Cabaza que ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense.

A Oficina de Turismo acolleu esta mañá a presentación a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, Carlos Picho, Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya, membros da organización e José Martínez Tato, presidente do club AndaTui.

Mañá xoves preséntase a Feira da Cabaza que no mes de outubro se vai celebrar en Tui

Undefined

Mañá xoves, 30 de setembro, ás 12.15 h na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, terá lugar a presentación da Feira da Cabaza que se vai celebrar no mes de outubro en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya membros da organización.

Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas Reactiva II

Listaxe provisional de Admitidos e Excluídos e causas de exclusión establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva II”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial do Concello de Tui.

Establécese un prazo de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio para alegar o que, no seu dereito, consideren oportuno ou emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida, segundo se recolle na Base 8ª da convocatoria.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado