Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

O Concello de Tui saca a licitación a elaboración dun informe sobre estado das vivendas de Caldelas

Undefined

O Concello de Tui vén de sacar a licitación a contración do contrato de servizos para a elaboración dun informe/ditame/proposta sobre as patoloxías presentes do edificio das vivendas rehabilitadas polo Concello do antigo cuartel da Garda Civil de Caldelas. O importe da licitación ascende a 5.445€.

O concello de Tui traballa para dar solución ás carencias que presentan as novas instalacións do comedor escolar do CEIP nº2

Undefined

O goberno municipal de Tui traballa para solucionar as carencias que na actualidade presentan as dependencias que acollerán o comedor do CEIP nº2 de Tui na antiga casa do conserxe deste centro.  A gran demanda deste servizo que presta este centro educativo fixo que se plantéxase un novo emprazamento cara un lugar con maior capacidade.

Instalada unha redutora de presión no barrio de Areas por parte do Consorcio do Louro para reducir as perdas de auga

Undefined

O Consorcio do Louro prosegue a adoptar medidas co obxectivo de minimizar as perdas de auga que se viñan producindo.

En concreto a pasada semana  instalaron unha nova redutora de presión na zona da Baliña, en Areas, que permitirá reducir a elevada presión que soportaba unha parte do barrio de Areas e contribuirá a minimizar as perdas de auga por roturas ou fugas ocultas.

Pages

Subscribe to RSS - Obras e Medio Rural