Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

Estase a executar a mellora da pavimentación do camiño entre As Chans e Os Muíños cun investimento de 59.900€

Undefined

O Concello de Tui está a realizar estes días o asfaltado do camiño entre As Chans e Os Muíños na parroquia de Randufe En concreto trátase dun investimento de 59.899,42€ dos que 49.503,65€ son aportados pola Xunta de Galicia dentro do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais 2018/2019 financiado polo AGADER.

A actuación comprende unha superficie de 3.840 metros cadrados ao longo de 850 metros do camiño onde se está a mellora a pavimentación.

O anteproxecto de reordenación da traseira da Área Panorámica contempla unha zona verde zonificada en catro áreas

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos arquitectos Leando Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos, presentaron este mediodía o anteproxecto de reordenación urbana do espazo da traseira da Área Panorámica como zona verde. Tamén estiveron presentes os concelleiros do equipo de goberno Antonio Castro, Estrella Muradás, Mila González e Eduardo Freiría.  

Mañá entrará en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy

Undefined

O concello de Tui informa a través da concellería de Seguridade, Tráfico e mobilidade, presidida polo concelleiro Antonio Castro Negro, que mañá mércores, 1 de agosto, entrará en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy que consistirá principalmente no establecemento de aparcamentos en fila a ambos lados da calzada e un único carril de circulación polo centro da vía, co que se busca evitar o estacionamento en dobre fila.

Saen a licitación as obras de apertura da rúa Ourense por importe de 314 mil euros

Undefined

O Concello de Tui sacou a licitación as obras de apertura da prolongación da rúa Ourense en sentido sur. O orzamento base de licitación ascende a 314.310,01 euros e o prazo de execución é de 4 catro meses.  As obras realizaranse conforme ao proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya en maio de 2016. As empresas interesadas teñen ata o 23 deste mes de xullo ás 23.59 h para presentar as súas ofertas.

O Concello vén de conceder a licenza para a rehabilitación do edificio para os novos xulgados na praza de Galicia

Undefined

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui concedeu esta semana á Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a licenza municipal de rehabilitación, reforma e cambio de uso do edificio situado na praza de Galicia, que anteriormente se destinaba a centro de saúde. O orzamento de execución de obra supera o 1,4 millóns de euros.

Solicitude á Fomento da mellora da sinalización da A55 ao seu paso por Tui

Undefined

O Concello de Tui dirixiuse á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, solicitando a revisión e mellora dos datos incluídos nos paneis informativos situados na autovía A55 e ao seu paso polo termo municipal de Tui.

En concreto dende o concello solicítase a instalación de paneis turísticos  reflectindo o conxunto histórico de Tui, declarado coma tal en 1967, e que forma parte do catálogo SISTHO dende 1998.

Este domingo comeza a traballar a nova empresa adxudicataria do Servizo de Limpeza Viaria

Undefined

Este domingo, 1 de abril, comezará a prestar o seu servizo a nova empresa adxudicataria do Servizo de Limpeza Viaria no Concello de Tui. Tras o proceso de licitación resultou adxudicataria do servizo General de Asfaltos y Servicios, S.L. (GEASER) por un importe de 210  mil €/ano. O período do contrato será de 4 anos. Deste xeito  regularízase a situación deste servizo e se amplía a cobertura do mesmo á práctica totalidade do casco urbano, segundo explica o concelleiro de Limpeza Antonio Castro.

Pages

Subscribe to RSS - Obras e Medio Rural