Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

Nos próximos días comezarán as obras de acondicionamento dunha ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro

Undefined

Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación.

A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404.  Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.

O Concello de Tui humanizará a travesía de San Domingos destacando o seu patrimonio histórico coma a vía romana

Undefined

O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos. 

O Concello de Tui reinviste unha baixa do Plan Concello nun tanque e chafariz de combustible co software de control

Undefined

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.

En concreto trátase dun tanque e chafariz de combustible (gasóleo) de dobre mangueira, con capacidade de 10.000 litros, que se colocou na nave municipal de Guillarei. Tamén se adquiriu o software e material necesario para o control eficiente do consumo do gasóleo.

O Concello de Tui executou a demolición das antigas oficinas de Cam-Fram na avenida da Concordia logo de acadar un acordo coa propiedade

Undefined

A edificación, sita na avenida da Concordia, un dos principais viais de acceso a Tui, levaba máis de trinta anos nunha situación de estado ruinoso. Estaba composta de dúas unidades físicas, unha xa estaba derrubada parcialmente e a outra aínda se mantiña intacta pero tamén xeraba moito feísmo na zona e tamén atopábase en estado de semiruina.

Rematadas as obras da pista deportiva, parque infantil e biosaudable en Areas

Undefined

Están xa rematadas as obras de acondicionamento da pista deportiva, a recuperación e ampliación do parque infantil e a creación dun parque biosaudable na parroquia de Areas. Supuxeron un investimento de 53.495,08 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Despedida a Evaristo Rodríguez que se xubila tras 30 anos de traballo no departamento de obras

Undefined

Na xornada de hoxe xubilouse o traballador do Concello de Tui Evaristo Rodríguez Castiñeira, despois de 30 anos de servizo no departamento de obras do Concello de Tui. No salón de plenos do concello realizouse un sinxelo acto de homenaxe e despedida no que participaron membros do equipo de goberno, dos grupos políticos presentes na corporación municipal e compañeiros de traballo.

Cortes puntuais na circulación na rúa Colón por obras

Undefined

Mañá xoves e o venres realizaranse cortes puntuais na rúa Colón de Tui debido ás obras de humanización que se están a realizar ao abeiro do Plan Concello.

En concreto nas próximas xornadas debido á instalación de canalizacións e á necesidade de cruzamento da calzada con tubaxes será preciso en momentos puntuais cortar o tráfico rodado neste vial. Por este motivo recoméndase empregar vías alternativas á rúa Colón, xa se poden producir retencións.

Noventa colectores para a recollida de envases están a ser colocados nas parroquias

Undefined

Noventa novos colectores para a recollida de envases, realizados en material 100% reciclable, están a ser distribuídos estes días polas distintas parroquias de Tui. 

O Concello vén de adquirir estes novos colectores co obxectivo de incrementar a recollida selectiva do lixo, neste caso de plásticos e envases, no rural.  Ao longo dos últimos meses incrementouse o número de colectores tanto de envases, coma vidro ou cartón dispoñibles na cidade. 

Pages

Subscribe to RSS - Obras e Medio Rural