Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa Extraordinarias

O Concello de Tui, xunto á Fundación Cibervoluntarios e Zona From Facebook, na súa aposta por fomentar o empoderamento feminino e contribuír a paliar a fenda tecnolóxica no emprendemente dixital pon en marcha o proxecto "Extraordinarias" dirixido a mulleres emprendedoras, co finalidade de potenciar ideas e negocios activos que xeren valor e economía local para impulsalos a nivel global. O proxecto está formado por taller formativos presenciais e mentoring.

Datas formación presencial: martes 22 e mércores 23 de outubro de 10 a 13 h na Aula CeMIT na Área Panorámica. Abordaranse as competencias en marketing dixital, desing thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

Prazas: Mínimo de 8 - máximo de 15

Inscrición

  • Correo electrónico cfo@tui.gal.
  • Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9 a 14 h.
  • Teléfono: 986 60 39 49 ou 670 24 56 33 de luns a venres de 9 a 14 h.