Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentan en Tui o seu último traballo, “Noró ”

7/11/2018

O concerto será este venres as 21.30h no Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 9 de novembro, as 21.30h o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Neste concerto presentarán a música sólida ancestral e serena de “Noró, algunhas músicas do norte” o seu último traballo, e fará ademáis un repaso por traballos anteriores.

“Noró” é  un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara  camiños insospeitados por explorar.

 A formación está composta por Xabier Díaz na percusión, gaita e voz, Javier Álvarez co acordeón diatónico, Gutier Álvarez co violín e a zanfona e Adufeiras coa percusión e a voz.

O prezo da entrada é de 10€, 8€ para a entrada infantil e con desconto, e poderán adquirirse na web culturatui.info até as 12.00h ou no despacho de billetes a partir das 20.00h do venres.  

 

<