Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha familia amosa o seu agradecemento á Policía Local polo seu labor, hai meses, na localización do seu fillo

13/12/2019

Os axentes da Policía Local de Tui David González Martínez e Esteban Álvarez González recibiron esta mañá o agradecemento dunha familia de Tui a que hai uns meses axudaron na busca do seu fillo, menor de idade, que se perdera durante a xornada escolar. Bruno Correia e Beatriz Correa amosaron aos axentes o seu agradecemento polo labor realizado na localización do seu fillo.

Pola súa parte os axentes manifestaron que cumpriron co seu deber nesa actuación, da que se senten orgullosos, máxime por tratarse dun menores en situación de risco. Déronlles tamén as grazas polo sinxelo acto realizado esta mañá no Concello no que estiveron tamén presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e o oficial xefe, Manuel Arca Caeiro.