Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un programa monográfico resolverá as dúbidas da cidadanía sobre as axudas para vivenda convocadas nestes momentos

6/04/2021

Terá lugar este xoves de 12.30  a 13 h a través da Radio Municipal de Tui coa participación da técnica da Área de Rehabilitación

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui  informa e asesora na solicitude de axudas relacionadas coa vivenda que se convocan ao longo do ano. Nestes momentos son varias as convocatorias abertas e a demanda de información está a ser moi alta. Nestes momentos debido as restricións derivadas da actual situación de pandemia non é posible atender presencialmente a toda a cidadanía interesada nestas axudas. É por isto que dende a concellería de Patrimonio, en colaboración coa Radio Municipal de Tui, vaise realizar un programa especial a monográfico este xoves, de 12.30  a 13.30 h, na emisora municipal para poder responder as todas as dúbidas e preguntas que poida ter a cidadanía sobre as convocatorias abertas.  Así as cuestións poderán ser plantexadas en directo a través do 986 60 70 55, ou previamente enviadas por Whastapp ao  664 06 12 00.

Nestes momentos está aberto até finais de mes o prazo de solicitude das axudas para o alugamento de vivenda tanto para menores de 35 anos, coma para maiores desta idade.  Por outra até o 1 de setembro está aberta a convocatoria de axudas para a adquisición de vivenda no conxunto histórico de Tui. E tamén está aberto o prazo de solicitude de axudas para obras de rehabilitación, melloras de eficiencia enerxética e accesibilidade en vivendas construídas con anterioridade a 1996 en todo o termo municipal. 

O resumo destas axudas pódese consultar na web municipal no apartado de Patrimonio ou recoller impreso na casa do concello.