Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Últimos días para inscribirse no Programa Integrado de Emprego

10/12/2019

Quedan prazas vacantes para mulleres e persoas menores de 30 anos en situación de desemprego

Dentro de dez día pechará o proceso de selección do cen persoas en situación de desemprego que participarán no Programa Integrado de Emprego concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao concello de Tui.

Arestora quedan prazas vacantes para mulleres e menores de 30 anos.

O Programa Integrado de Emprego, terá unha duración de doce meses nos que as cen persoas participantes recibirán orientación laboral personalizada, formación en intelixencia emocional, habilidades sociolaborais, coaching…  Neste tempo está previsto impartir cursos de variada temática dende  informática básica e avanzada, ferramentas ofimáticas, conversación en lingua inglesa, actividades de comercio ou emprendemento turístico a limpeza de locais, manexo de carretillas elevadoras, prevención de riscos laborais, xestión de almacén ou liña de produción.  Tamén recibirán formación ocupacional orientada ao emprego, poderán realizar prácticas en empresas e contarán con servizo de intermediación laboral.

O obxectivo do Plan Integrado de Emprego é lograr a inserción laboral do 45% dos participantes

As mulleres e persoas menores de 30 anos interesadas en participar neste Programa Integrado de Emprego poden ampliar a información e inscribirse no Centro Municipal de Formación en Guillarei, no 986 60 39 49, no 670 245 633, ou no correo cfo@tui.gal.