Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibiu onte un desfibrilador para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

15/02/2018

O Concello de Tui, representado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro, e por dous membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, recibiu onte un dos 157 desfibriladores entregados pola Xunta de  Galicia aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta. O acto tivo lugar na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Cómpre lembrar que en Tui seis instalacións deportivas municipais contan cun desfibrilador son o pavillón novo, o centro de interfederado, o pavillón da Macoca, e os campos de fútbol de Cadelas, Ribadelouro e Álvarez Durán.

Este novo equipamento será empregado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, para que arestora se está levando a cabo unha campaña de captación de novos voluntarios. Os interesados teñen que cubrir o impreso de solicitude de inscrición na Agrupación e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello xunto coa fotocopia do DNI, dos títulos ou cursos realizados, do permiso de conducir e dúas fotografías tamaño carné.

Modelo de solicitude de inscrición na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil