Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ilumínase para o Nadal, con 132 arcos nunha treintena de rúas

14/12/2009

Tui ilumínase para o Nadal

Instaláronse 132 arcos nunha trintena de rúas

 

Venres, 11 decembro de 2009. Tui loce xa o alumeado de Nadal que foi acendido o pasado martes, 8 de decembro, e que iluminará a cidade nestas datas até o 6 de xaneiro. Un ano máis o alumeado é espectacular e chama a atención tanto dos tudense coma dos visitantes da cidade.

 

O concello investiu neste alumeado 48.546 euros considerando que o mesmo repercute favorablemente no comercio local coma explicaba o Concelleiro de Cultura e Facenda, Moisés Rodríguez.

 

En total instaláronse 132 arcos ou motivos en case unha trintena de rúas da cidade. Nos mesmo empréganse lámpadas led que consumen un 80% que a bombilla tradicional, co que se baixa significativamente o consumo eléctrico. Compre salientar que este ano incrementáronse o número de rúas iluminadas cara a zona nova da cidade. Estrelas e anxos dominan nos motivos colocados, que se complementan coa iluminación das árbores do Paseo da Corredoira con pequenas bombillas e con outras que semellan estrelas fugaces. Un ano máis chama a atención o Palco da Música, ou o abeto situado na intersección entre o Paseo da Corredoira e a Avenida da Concordia con máis de 200 estrelas de microlámpadas.

 

A iluminación navideña vén acompañada amais de ambientación musical nas rúas, o que contribúe a ambientar estas datas.

 

Moisés Rodríguez destaca que "o alumeado sorprendeunos a todo" eloxiando a súa vistosidade. Fixo fincapé que pese a situación de crise consideran que o alumeado de Nadal é un investimento que repercute positivamente no comercio local  e no ambiente da cidade afirmando que "eu creo que é necesario".