Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui elexido como "Espazo CDG": O Teatro Municipal será un dos escenario onde o Centro Dramático Galego represente ás súas producións

12/09/2007

 Tui elixido como “Espazo CDG”: O Teatro Municipal será un dos escenarios onde o Centro Dramático Galego represente as súas producións 

Martes 10 de Setembro de 2007

 

Espazos CDG é a aposta da nova temporada da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para levar a cabo unha distribución planificada baixo uns criterios de estabilidade e accesibilidade para o público galego

 

Grazas ó acordo adquirido coa concellaría de Cultura do Concello de Tui o CDG incluíu o teatro municipal coma lugar onde se representarán as producións desta entidade cultural o longo da temporada 2007-2008

 

Con esta iniciativa o CDG tenta garantir o acceso ao teatro público como servizo a cidadanía en todo o territorio galego. A escolla de Tui coma un destes espazos ven a ratificar a excelente labor que se esta a levar acabo dende o departamento de cultura de Tui así como da calidade das instalación da Area panorámica

 

Do mesmo xeito Espazos CDG é un apio a programación teatral de Tui xa que contará con unha difusión especial e actividades paralelas co obxectivo de apoiar e dinamizar a asistencia ó teatro nas vilas e cidades galegas. A difusión dos actos non se centrará só no Concello de Tui se non que s estenderá a  toda a comarca co obxectivo atraer público de zonas limítrofes

 

Espazos CDG é unha ferramenta de difusión teatral e de captación de público que pretende por unha banda consolidar e axudar ao desenvolvemento das programacións e por outra difundir a arte escénica galega por todo o país, tendo coma referente o teatro público galego

 

Ademais de Tui son espazos CDG: A Coruña, A Mariña (Ribadeo,Burela), Ferrol,Narón,O Barco, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

 

Desde a Concellaría de Cultura o seu titular Moises Rodríguez , mostrase moi satisfeito pola elección de Tui coma Espazo CDG, e asegura que é un apoio importante a programación cultural do Concello,máxime si temos en conta que son moi poucos os lugares en Galicia que foron escollidos para esta iniciativa

 

O acordo entre o Concello e o CDG firmarase o mércores 12 de setembro ás 11.30 da mañá nun acto que se celebrará no Salón Teatro de Santiago