Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o ano con música, a Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui protagonizan o concerto de fin de ano o mércores ás 21h no Teatro Municipal

29/12/2009

Tui despide o ano con música

A Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui protagonizan o concerto de fin de ano o mércores ás 21h no Teatro Municipal

 

Luns, 28 de decembro de 2009. Tui pecha a súa programación cultural de 2009 con música. Será este mércores, 30 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui. A Concellería de Cultura volve confiar a despedida do ano a dúas agrupacións locais coma son a Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui.

 

As entradas están á venda na web www.culturatui.info até o mércores ás 17.30h, ou o mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes da Área Panorámica, ao prezo único de 2€.

 

A Coral da S.I. Catedral de Tui actuará en primeiro lugar acompañada ao órgano por Don Ángel Viro Caamaño e baixo da dirección de Don Agustín Sobral.

 

Interpretarán:

  • Cantet Chorus Angelorum................. Manuel Posse
  • Oh, Blanca Navidad........................... Irving Berlin
  • AyLascia Ch'io Pianga ...................... G.H. Händel (aria da ópera "Rinaldo)
  • Señor, me cansa la vida.................... J.A. Garo. Poema de A. Machado
  • Preciosa (Boriquen).........................Rafael Hernárdez
  • El Condor Pasa .................................Daniel A. Robles.

                                                                 Armonización Camilo Paz

  • Tui, mira si te querré...................... Ricardo Guirao

                                                                               (Adaptación Letra Agustín Sobral)

 

A Banda de Música Popular de Tui estará baixo a batuta de D. Adolfo Besada.

Interpretarán:

  • Bellreguart
  • Sangre Española
  • Piratas del Caribe
  • Mallet Percusión
  • Voces de primavera
  • Danubio Azul
  • Marcha Radesky

 

Rematarán interpretando conxuntamente:

-          Nabucco .................................................... G. Verdi

-          Adeste Fidelis ............................................ Arr. Penders.

 

Deste xeito a Concellería de Cultura pecha 12 meses de actividades culturais na cidade nos que tiveron cabida o teatro, a danza, a música,... tanto en espectáculos infantís coma para todas as idades. Un ano máis o público ten refrendado a labor realizada dende o Departamento de Cultura situando o Teatro Municipal nos primeiros postos na lista de espectadores de Galicia. 

 

Dende a Concellería trabállase xa na programación a realizar en 2010 co obxectivo de manter a liña iniciada dunha programación estable e de calidade, que ten consolidado a Tui coma un punto de referencia cultural non só na cidade senón na comarca do Baixo Miño, no Sur de Pontevedra e tamén para o Norte de Portugal.

 

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, aproveita para facer unha invitación especial ao Concerto de Fin de ano co que se porá o broche dourado a actividade cultural de 2009.

 

CONCERTO DE FIN DE ANO

Coral da S.I. Catedral e Banda de Música Popular de Tui

Data e hora: Mércores, 30 de decembro ás  21.00 h

Lugar: Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica

Entrada: 2€

Venda de localidades: Na web www.culturatui.info até o mércores ás 17.30h, ou mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.