Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa “O Teu Primeiro Emprego

2/08/2019

Deste xeito o Concello comprométese co emprego xuvenil facilitando o acceso ao mercado laboral a titulados universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral previa. Será ao abeiro do programa “O Teu Primeiro Emprego” da Deputación de Pontevedra, logo de que a institución provincial aprobase a selección do Concello de Tui coma entidade colaboradora.

Deste xeito o Concello de Tui comprométese co emprego  xuvenil facilitando a 4 mozos ou mozas a posibilidade de adquirir experiencia profesional acorde ao nivel de estudos cursado facilitando a súa inserción no mercado laboral.

En concreto o Concello de Tui realizará un contrato en prácticas durante seis meses prorrogables a catro persoas co seguinte nivel de estudos.

  • Ciclo Superior en Guía, información e asistencias turísticas ou Información e Comercialización turísticas
  • Ciclo Superior en Produción Audiovisual e Espectáculo ou Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos
  • Licenciatura ou grao en xornalismo
  • Enxeñería Técnica Forestal, Grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural, Grao en Enxeñería Forestal ou Enxeñería de Montes

O Concello de Tui será o encargado de realizar a selección das persoas que resulten beneficiarias destes contratos en prácticas. A Deputación concede unha subvención de 1000€/mes para os titulados universitarios e o de 950€/mes para os ciclos superiores de formación profesional, financiando o concello o resto do importe do custo laboral e a Seguridade Social de cada traballador ou traballadora.