Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cun novo vehículo mixto para o departamento de Obras

20/12/2018

A concellería de Parque Móbil do Concello de Tui informa que hoxe xoves, 20 de decembro, vénse de recepcionar un novo vehículo que pasará a incrementar o Parque Móbil Municipal. Trátase dun vehículo mixto, con capacidade para 7 persoas e para carga de ata 3.500 quilos, adquirido ao abeiro do Plan Concellos 2016 cun investimento de 33.791€, İVA incluído.

O concelleiro Antonio Castro explica que este novo vehículo se destinará ao departamento de obras. Avanza tamén que proximamente será entregado tamén un novo vehículo para a Policía Local e diversa maquinaria adquirida tamén a través do Plan Concellos.