Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebrará en xullo o Pacto de Tui

16/02/2018

O goberno municipal aposta por conmemorar cada mes de xullo esta efeméride do Século XII

O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137.  Con este evento crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados.

Ante a aposta decidida polo pacto de Tui o alcalde, Carlos Vázquez Padín, comunicou hai quince días nunha xuntanza á directora do festival Arraianos, que se celebrou os dous últimos anos en Tui no mes de setembro, esta decisión entendendo que non ha lugar para a celebración de dúas festas medievais na cidade, e convidando á organización de Arraianos a facerse cargo da parte medieval do Pacto de Tui. Unha invitación que con posterioridade foi declinada pola directora do evento.

Carlos Vázquez Padín explica que xa no proxecto de orzamentos par 2018 figura unha partida de 30 mil euros para este festexo, un evento que entende xeraría sinerxías entre a propia marca cidade e marca da festa.

Informe histórico sobre o Pacto de Tui de 1.137