Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra esta fin de semana a XI Feira de artesanía con 36 postos

3/05/2007

Tui celebra esta fin de semana a XI Feira de ArtesaníaHaberá actuacións de clown, grupos folclóricos e obradoiros de malabares A rúa Ordóñez de Tui vai acoller esta fin de semana a XI Feira de Artesanía baixo a organización da Concellería de Cultura do Concello de Tui. Trátase dun evento, que se celebra cada primeiro domingo de maio,  no que se conxuga a promoción da artesanía galega xunto á do Conxunto Histórico de Tui. Nesta rúa tudense emprazaranse trinta e seis postos de artesáns, dos que o 94,5% son galegos, e dous deles de León. Amais o 50% dos artesáns non estiveron na edición de 2006. Amosarán as súas creacións en cerámica, madeira, instrumentos musicais, téxtil, coiro, ... A moitos deles poderáselles ver traballar en vivo durante a fin de semana. A inauguración da feira terá lugar o sábado ás 12 do mediodía. Os postos permanecerán abertos tanto sábado coma domingo de 12 a 22h. De forma paralela a Concellería de Cultura programou unha serie de actividades. O sábado trala inauguración actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis, e pola tarde, de 17.30 a 20.30h haberá obradoiro de malabares con mazas, bolas, aros, diábolos, ... para público de todas as idades. Mentres o domingo ás 12h actuará o grupo folclórico “Seixos Albos” de Areas, e pola tarde ás 18 e ás 20h “Peter Punk” porá en escena un espectáculo de clown de rúa.  A Feira de Artesanía conta coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que levarán a cabo durante a fin de semana unha palillada na propia rúa Ordóñez.  Prohibido estacionar e circular pola rúa Ordóñez co gallo da Feira de ArtesaníaCo gallo da celebración da Feira de Artesanía a Policía Local de Tui informa que non se poderá circular nin estacionar vehículos dende o venres día 4 ás 8 da mañá e até o luns 7 ás 2 da tarde na rúa Ordóñez, no tramo comprendido entre o Palco da Música e a Porta da Pía.  XI Feira de ArtesaníaLugar:rúa Ordóñez Data e hora: Sábado e domingo de 12 a 22hDatos: 36 postos de artesaníaActividades paralelas:-          Sábado 5o        Ás 12h Inauguración e actuación do grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reiso        De 17.30 a 20.30h Obradoiro de Malabares: mazas, bolas, aros, diábolo...-          Domingo 6o        Ás 12h Actuación do grupo folclórico “Seixos Albos” de Areaso        Ás 18 e ás 20h Espectáculo de Clown de rúa con “Peter Punk” Organiza: Concellería de CulturaColabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño