Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle os adestramentos do equipo de balonmán portugués Águas Santas

20/08/2021

O equipo luso xogará varios partidos no Pavillón Deportivo Municipal Novo, a porta pechada, como preparación na súa participación na EHF European League

Tui acolle esta fin de semana a concentración dun equipo de máximo nivel, nesta ocasión será o equipo luso do Águas Santas de Maia que adestrará no Pavillón Deportivo Municipal Novo de Tui, a porta pechada, de 10.00 a 12.00 horas do sábado.

Mañá sábado pola tarde o equipo portugués enfrontarase ao Cisne de Pontevedra, e o domingo pola mañá ao Acanor Novás, ambos a porta pechada, por protocolo da Federación Internacional de Balonmán.

Esta concentración do Águas Santas servirá de preparación ante o dobre partido da competición da EHF European League,  no que lle enfrontarán ao equipo español do BM Logroño La Rioja, nas dúas seguintes fin de semana.