Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trompicallo abre a programación de outono no Teatro Municipal coa estrea de Planeta Ardora

4/10/2017
Planeta Ardora

Será este venres ás 20h cun espectáculo para público familiar

Trompicallo Teatro será a compañía encargada de abrir este venres, 6 de outubro, no Teatro Municipal de Tui a programación de outono. Será ás 20h coa estrea da súa última montaxe “Planeta Ardora”. Trátase dun espectáculo, dirixido a público familiar a partir dos dous anos, no que a luz é a protagonista. Nos 50 minutos que dura a obra Sabela Amado Rojo, Marián González e Luís González, que conforman o elenco, pronuncia so catorce palabras.

Planeta Ardora é un planeta moi lonxano ao que van chegando habitantes do máis variado: un verme, un ancián, ... e todos queren quedar e construír cousas novas, facer un fogar... Pero tamén chegan habitantes que queren o contrario. Qué ten o lugar? A resposta está na luz e descubrirémola este venres no teatro de Tui.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes aos prezo de 4€ para o público en xeral e 3€ para público infantil e o que teña dereito aos descontos establecidos por desempregado, familia numerosa, estudante, xubilado ou socio da biblioteca tudense.

Trompicallo Teatro estrea “Planeta Ardora”

Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 6 de outubro de 2017 ás 20h

Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes

Prezos: 4€ para o público en xeral e 3€ con desconto