Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro Gorakada presenta en Tui “La ciudad inventada” o venres ás 20,00 h.

6/11/2008

Teatro Gorakada presenta en Tui “La ciudad inventada”

Será este venres ás 20h no Teatro Municipal

Mércores, 29 de outubro de 2008.  Unha historia construída con contos tradicionais de diferentes lugares é a presenta este venres no Teatro Municipal de Tui “Teatro Gorakada” de Durango. Baixo a dirección de Jokin Otegi, autor tamén da obra, achegan “La ciudad inventada”. Trátase dunha obra de teatro infantil dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos cunha duración de 55 minutos.  A cita será ás 20h e as entradas poranse á venda ás 18.30h ao prezo de 3,5€, 3€ con desconto e 2,5€ para os menores de 14 anos.

Teatro Gorakada naceu no 1987 da man dun grupo de mozos que participaron nas aulas de teatro que dirixían Julio Perugorría e Geroa en Durango. A produción de Gorakada diríxese desde entón ao mundo infantil, ao que ofrecen espectáculos de fermosa factura e gran calidade técnica, baseándose en historias que van desde a mitoloxía vasca aos clásicos da narrativa para nenos e nenas.

En La ciudad inventada  reflexionan e plasma en escena a realidade da sociedade actual coa relación entre xentes de distintas culturas que teñen outras formas de ver e de entender a vida, a literatura e os contos. En La ciudad inventada cohabitan diferentes contos tradicionais de lugares e procedencias diversas. Como ocorre coas persoas, relaciónanse entre si, mestúranse e enriquécense, dando lugar a unha historia moderna e mestiza.

 

Teatro Gorakada de Durango con “La ciudad inventada”

Data: Venres  7 de novembro ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui

Venda de Entradas: o venres dende ás 18.30h

   no despacho de billetes de Área Panorámica

Prezos: 3,5€ - 3€ con desconto – 2,5€ menores de 14 anos