Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro dos Tirinautas representa o venres no Teatro Municipal "O último chimpín"

16/05/2007

Teatro dos Tirinautas representa en Tui “O Último Chimpín”É unha adaptación do clásico “El último tranvía” O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de maio, ás 21.30h a representación de “O Último Chimpín” a cargo de Teatro dos Tirinautas da Estrada. Esta actividade forma parte da programación cultural para o primeiro trimestre do ano que organiza a Concellería de Cultura de Tui. Tirinautas presenta agora esta segunda obra que leva a escena tralo éxito acadado por “Ensalada de Mosquito” que foi vista por máis de 5 mil espectadores en 30 funcións.  Esta segunda produción da compañía estradense é unha adaptación libro de “El último tranvía”, converténdoa nunha comedia familiar de enredo, protagonizada polos televisivos Isi e David Amor. En “O último chimpín” o choque entre a mentalidade rural dun home de campo e a familia burguesa que o acolle é o punto de partida deste espectáculo cheo de situacións cómicas, equívocos e chiscos de ollo á nosa realidade”.  As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 4,5€, 3,5 € con desconto e 2,5€ para os menores de 12 anos.   Teatro dos Tirinautas con “O Último Chimpín”Data: Venres 18 ás 21.30hLugar: Teatro Municipal de TuiVenda de localidades:o venres dende ás 16.30hPrezo das entradas: 4,5€, 3,5€ con desconto e 2,5€ os menores de 12 anosOrganiza: Concellería de Cultura