Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendidas as actividades presenciais do Entroido 2021

26/01/2021

Estúdanse alternativas para unha celebración virtual destes festexos

O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e as novas medidas establecidas pola Xunta suspende as actividades previstas cada ano co gallo do Entroido, o próximo martes 16 de febreiro. Estábase a traballar na realización de actividades que cumprisen todos os protocolos de prevención establecidos ante a actual situación sanitaria. 

Dende o Concello estanse a estudar alternativas virtuais para festexar o Entroido dun xeito diferente pero mantendo o seu carácter.