Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As SS. MM. Os Reis Magos de Oriente chegan a Tui o sábado ás 18,00 h.

3/01/2008

A Cabalgata de Reis partirá o sábado ás 18h

Melchor, Gapar e Baltasar irán acompañados dunha ampla comitiva 

Ultímanse os preparativos para a Cabalgata de Reis que este sábado, 5 de xaneiro, ás 18.00h, sairá dende o recinto da antiga alfándega para percorrer as rúas de Tui.  Os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar, virán a cabalo acompañados de sete carrozas e dos seus paxes xunto cunha ampla comitiva integrada por máis de 120 persoas.  

No seu percorrido pola Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, e Augusto González Besada e Paseo da Corredoira os Reis de Oriente repartirán máis de 1.275 quilos de caramelos sen glutén, así coma un millar de globos. Irán escoltados pola Policía Local e participarán tamén os Bombeiros Voluntarios de Valença´, unha ambulancia, e Protección Civil. A nota musical correrá a cargo da Rondalla de Chain – Gondomar. 

Ao final do percorrido, no Cantón de Diómedes, onde se instalará o Portal de Belén, darase lectura á Mensaxe Real, mentres Melchor, Gaspar e Baltasar faran a súa ofrenda ao neno de Ouro, Incenso e Mirra.  Unha vez rematada a ofrenda haberá unha tirada de fogos de artificio e a continuación os nenos poderán subir a saudar aos Reis Magos 

A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Peña Cabalar “Val do Louro” de Ribadelouro, o grupo scouts “Alhoia”, URE Baixo Miño, Ambulancias “Baixo Miño”, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, os diferentes departamentos do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais de “Aloia” de Pazos de Reis, “Xuntanza” de RAndufe e Santa Columba de Ribadelouro. Tamén é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade. 

A Concellería de Cultura agarda que máis de 7 mil persoas ateiguen as rúas tudenses para presenciar  la Cabalgata de Reis. Un evento que conta cun orzamento superior ós vinteun mil euros. Previamente a súa presencia na Cabalgata de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán pola mañá ás Residencias “Paz e Ben”, e “San Telmo”, para entregar tamén aos maiores que nelas viven os seus agasallos.  

Cabalgata de Reis en Tui

Data: Sábado 5 de xaneiro  de 2008 ás 18.00 h

Percorrido:Dende a antiga Alfándega  ata o Paseo da Corredoira

Organiza: Concellería de Cultura