Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Satisfacción polo comezo das obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei

30/04/2018

Fóra unha das solicitudes plantexadas dende o Concello ao xefe territorial de Educación.

O Concello de Tui, a través da concelleira de Educación do Concello de Tui, Mila González, amosa a súa satisfacción logo de que a pasada semana teñan comezado as obras para instalación dun ascensor no CEIP de Guillarei.  Esta foi unha das solicitudes que tanta ela coma o alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentaron o pasado mes de febreiro ao xefe territorial de Educación, César Pérez, no encontro que mantiveron na delegación da Xunta en Vigo.

Deste xeito coa instalación do ascensor por parte da Xunta as instalacións do CEIP de Guillarei pasan a ser accesibles, cubrindo as necesidades que neste senso presentaban algúns alumnos.