Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"San&San”presentan unha parodia dos documentais de natureza con "Muñekitos, a Nasional Yeographic Riport" o venres 15 ás 21,30 horas no Teatro Municipal

13/12/2006

A representación terá lugar este venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal
“San&San”presentan este venres en Tui unha parodia dos documentais de natureza
“Muñekitous,a Nasional Yeographic Ripor” é unha comedia para todos os públicos

A comedia é o xénero do espectáculo teatral que este venres chega o Teatro Municipal de Tui. A compañía San&San da Coruña representa “Muñekitous, a Nasional Yeographic Riport” a partir das 21.30h e dentro da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 3€, 2€ con desconto e 1€ os menos de 14 anos.

“MUÑEKITOUS” é unha parodia teatral sobre o mundo dos grandes documentais de natureza salvaxe ao estilo “Nasional Yeografic”. Trátase dunha viaxe trepidante aos hábitats naturais das criaturas máis absurdas e disparatadas que a mente puidera imaxinar, emitido en directo en formato documental por un intrépido cámara.

O explorador galaico-austral Augusto Frunklen Pereira é o protagonista desta comedia ao través das súas aventuras polos desertos de Mali, a sabana africana, as marismas de Java, os fondos oceánicos de Galicia... en busca das mellores tomas de criaturas como o unicluco, o cigoto estepario, o grande percebe, ou os “porritos” das pradeiras.

MUÑEKITOUS é un espectáculo cun dobre xogo en directo: o teatral da escena e o audiovisual da pantalla, que emite os planos escollidos polo cámara. Máis duna hora de gargalladas con constantes gags cómicos, manipulación de bonecos, áxiles caracterizacións, sorpresas visuais e grandes doses de improvisación.

San&San con “Muñekitous, a Nasional Yeographic Riport” Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 15 de decembro ás 21.30h
Prezo das Localidades: 3€, 2€ con desconto e 1€ os menores de 14 anos
Venda de localidades o venres dende ás 16.30h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui