Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remataron os "Encontros de verán na Biblioteca" nos que participaron 35 rapaces

10/07/2009

REMATARON OS "ENCONTROS DE VERAN" REALIZADO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL NA QUE PARTICIPARON 35 RAPACES

Hoxe xoves, 9 de xullo, remataron as actividades dos "Encontros de verán" organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en colaboración coas alumnas do curso de "Auxiliar de coidado infantil" que desenvólvese na nosa cidade ao abeiro do Proxecto Aquelando.

Estes "Encontros de verán na Biblioteca" programados en dúas quendas: unha para aos rapaces entre os 4 e os 6 anos outra quenda para os nenos e nenas de 7 a 10 anos desenvolvéronse na Biblioteca Municipal do 1 ao 9 de xullo e contaron coa participación de 35 nenos e nenas tudenses (vinte na primeira quenda e quince na segunda), superando as expectativas dos organizadores.

No curso desta semana os rapaces participaron en actividades de carácter lúdico, xogos, actividades de animación á lectura etc, achegándose ao mundo dos libros e a lectura dun xeito máis divertido.

O Concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, agradece aos responsable do curso de "coidado infantil" do Proxecto Aquelando da Deputación Provincial de Pontevedra a súa colaboración co Concello de Tui no desenvolvemento desta actividade e felicita especialmente ás monitoras destes "Encontros de verán na Biblioteca" polo traballo desenvolvido.

Esta actividade da Biblioteca Municipal se enmarca dentro do labor que este centro realiza para favorecer a promoción do libro e a lectura pública nos diversos sectores da sociedade tudense, con especial atención -como foi neste caso- aos máis cativos.