Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rematadas as obras de mellora da capa de rodadura do vial O Calvario-Baños en Caldelas

7/07/2021

Supuxo un investimento de 32.700 € financiados ao abeiro do Plan Marco, de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021

Está xa rematada a obra de mellora da capa de rodadura no vial que une os lugares de O Calvario e Baños na parroquia tudense de Caldelas.  

Os traballos, que abrangueron unha superficie de 1.980 m2, consistiron na limpeza das cunetas, fresado do firme existente, reposición do pavimento e tapas de saneamento, pintado da sinalización horizontal e obras accesorias. 

O proxecto foi redactado por un técnico municipal e adxudicado á empresa COVSA por importe de 32.740,14 euros IVE incluído. Esta actuación financiouse con cargo ao  Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 cofinanciado co fondo europeo Agrícola de desenvolvemento Rural (FEADER) nun 75% polo MAPAMA en un 17,5% pola Xunta. O Concello de Tui financia o importe correspondente ao IVE.