Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reanuda a súa actividade o Club de Lectura da Biblioteca Municipal

7/09/2007

REANUDA A SÚA ACTIVIDADE O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI 

Co remate do período vacaciones tamén os integrantes do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Tui teñen retomado as súas xuntanzas en torno aos libros e a lectura, para poñer en común as súas lecturas por medio da conversa e da tertulia informal.O Club de Lectura da Biblioteca tudense comezou a súa andaina no pasado mes de febrero e ao longo destes meses ten incrementado os seus membros consolidándose como unha actividade de promoción da lectura ofertada pola biblioteca tudense, neste caso, para os adultos afeccionados á lectura.Dende a Biblioteca municipal tudense convídase a todos os veciños interesados pola lectura a participar neste Club que reúnese quincenalmente nas dependencias bibliotecarias, compartindo os seus integrantes a súa experiencia sobre a lectura realizada conxuntamente por todos os membros do Club. Os interesados poden solicitar información na propia Biblioteca Municipal (Edificio Área Panorámica, rúa Colón, 2).Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta actividade amosa o dinamismo da biblioteca municipal que tenta achegar a promoción da lectura a todos os sectores sociais.  Un Club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro, previamente acordado de xeito conxunto. Cada quen o fai no seu tempo de lecer, pero un día fixo (no noso caso cada dúas semanas) reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior.Nas xuntanzas debátese sobre o lído na casa: o estilo literario, a propria acción, as persoaxes, a temática... resulta frecuente derivar dende o libro ás experiencias persoais dos membros do club. En xeral esta conversa e as opinións escoitadas enriquecen moito a impresión inicial que cada quen acada da sua lectura en solitario.Non é unha reunión de especialistas en literatura, nin de estudiosos ou xentes moi cultas senón que está orientada para lectores normais e comúns. O obxectivo do Club de Lectura é exclusivamente incrementar o pracer da lectura compartidoo con outras persoas.