Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este venres en Tui ás 21,30 h. no Teatro Municipal

10/02/2009

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este venres en Tui

Será 21.30h, no Teatro Municipal, grazas á colaboración entre Caixanova e o Concello

 

Martes, 10 de febreiro de 2009.  O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, un concerto da Real Filharmonía de Galicia, froito da colaboración entre a Fundación Caixanova e o Concello de Tui.

 

A Real Filharmonía de Galicia estará acompañada por Tuomas Ollilla-Hannikainen coma director convidado, e coma Daniel Hope coma violisnista. No programa interpretarán a Obertura dos esclavos felices de Juan Crisóstomo Arriaga, o Concerto para violín num.2 en sol menor de Sergei Prokofiev, e a Sinfonía num.6 en re menor de Johann Wilhelm Wilms.

 

A Real Filharmonía de Galicia fixo a súa presentación no Auditorio de Galicia en 1996. Conta cun amplo repertorio que abrangue dende as pezas de Mozart a Bach, pasando por músicas tan heteroxéneas coma a que se compón actualmente en Galicia ou os musicais de Broadway.

 

Tuomas Ollila-Hannikainen, que actuará coma director convidado, formous coma director de orquestra e violinista na Academia Sibelius. Estudos que completou posteriormente no Conservatorio de San Petesburgo e no Tanglewood Music Center. Ten sido director en varias cidades europeas coa Orquestra Filarmónica de Rótterdam. Estivo ao fronte da Orquestra Sinfónica da BBC de Gales, da Orquestra do Ulster, da Filarmónica de Tampere e da Tapiola Sinfonietta entre outros.  Amais a súa gravación de Karelia, de Sibelius, coa Filarmónica de Tampere, obtivo o premio de CAnnes Classical Award e o premio Finis IFP's Janne.

 

Mentres Daniel Hope esta´considerado un dos mellores violinistas do panorama actual. Traballa cos mellores directores e orquestras do mundo. Obtivo tres nominacións para os Grammy, logrando en tres ocasións consecutivas o Premio BOTO. Dirixiu coma violinista vairas orquestras de cámara e ten colaborado con interpretes coma Bobby Macferrin, Edgar Meyer, Uri Caine ou o antigo baixista de Police Steward Copeland.  Foi distinguido co Caecilia de Bélxica pola súa gravación do Concerto para violín de Mendelssohn, e outro dos seus proxección do Theresiendstads logrou o Diapason D'Or de Francia.

 

As entradas para o concerto deste venres teñen un prezo de 9€ , 7,20€ con desconto e para os menores de 12 anos, e están xa á venda en www.caixanova.es, na billeteira telefónica 902 504 500 ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.

 

 

Programa

                                                                        

JUAN CRISÓSTOMO ARRIAGA (1806-1826)

Obertura de "Los esclavos felices" (1824)

 

SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)

Concerto para violín núm. 2 en sol menor, op.63 (1935)

Allegro moderato

Andante assai - Allegretto

Allegro ben marcato

 

DANIEL HOPE, violín

 

II

 

JOHANN WILHELM WILMS (1772-1847)

Sinfonía núm. 6 en re menor, op. 58 (1823)

Adagio - Allegro molto e con fuoco

Andante quasi allegretto e grazioso

Scherzo. Allegro - Trio

Rondo. Allegro molto

 

 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora:  Venres 13 de febreiro ás 21.30h

Prezos: 9€ - 7,20€ con desconto e para os menores de 12 anos

Venda de entradas: en www.caixanova.es no 902 504 500 ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica.