Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A proxección de Trolls pecha o cinema de verán en Tui

22/08/2017
Trolls

Será este venres, 25 de agosto, ás 22h na Praza de San Fernando para público familiar

Este venres, 25 de agosto, remata o ciclo de cinema de verán da programación cultural de Tui. A cita será ás 22h na praza de San Fernando coa proxección da película de animación “Trolls”.

Da man de DreamWorks chega unha comedia fresca, divertida, chea de música de incribles aventuras. Os protagonistas son os alegres Trolls e as súas cancións, e canda eles os pesimistas Bergens. O líder dos Trolls ten por diante unha misión de rescate que o levará moi lonxe. A película ten unha duración de 92 minutos.

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, nese caso o aforamento é limitado e deberán retirarse 2 entradas de balde por persoa media hora antes do comezo.

Cinema de Verán “Trolls”

Data: Venres, 25 de agosto, ás 22h

Lugar: Praza de San Fernando