Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proxeccion de "curtas" mañá martes no Telecentro de Tui

6/10/2008

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE AS PROXECCIONS DE “CURTAS NA REDE” MAÑA MARTES AO SERÁN

 

Ao finalizar a terceira edición do concurso “Curtas na Rede” convocado pola Secretaria Xeral de Comunicación e o Consello da Xuventude de Galicia e para lograr unha más ampla difusión desta iniciativa promóvese a celebración da “Semana Curta” que agora chega ata Tui.

A Semana Curta é unha nova iniciativa que pretende exhibir todos os traballos presentados no concuro Curtas na Rede a través da Rede de Telecentros de Comunicación.

A Semana Curta empeza o martes, día 7 de outubro, coa intervención "O futuro dos Blogs e o videoblog" da man de Pedro J. Romero que falará dende o Centro Multimedia de Galicia a través de videoconferencia cos seguintes telecentros de comunicación: Arzúa, Santa Comba, Carballo, Monterroso, O Carballiño, Lalín, Vilagarcía e Tui.

Durante os cinco día da Semana Curta proxectaranse todas as curtas presentadas nesta III edición do Concurso en distintos telecentros de comunicación.

En concreto no Telecentro de Tui pódense contemplar un total de 19 curtas entre as 19,00 e as 20,00 horas.

PROGRAMA:

 DIA 7

 

 

18:00-19:00

 Intervención de Pedro J. Romero: "O futuro dos Blogs e o videoblog". Videoconferencia dende o Centro Multimedia de Galicia

 19:00-20:00

 Proxeccións das curtas:

1. ¿Pero como puido pasar? de pablo penedo Naveira

2. ¿Por que corres tanto? de Sabrina Fernandez Casas y

3. 1491 de Andres Carrera_Sanroman

4. 15 frames de Rui Avelans Coelho

5. 1813 de Marisa Otero Lopez

6. 424002 Nashik de Carlos Gomez Trigo Baldominos

7. 45 grados de Elena Lopez Gonzalez

8. A Estrada arriba o telon de Juan Pedro Perez Perez

9. A xogada perfecta de Raul Garcia Perez

10. Agressom espanholista de andrés cameselle caride

11. Alubias animadas de Jotoni

12. Anoitecer de Martina Sanin Seoane

13. Bienvenido de Yolanda Altabert Gil

14. Bzzzzzz Bzzz de Rui Avelans Coelho

15. Caligarismo de Miriam Albert Sobrino|Soniza Albert Sobrino

16. Capitán de andrés cameselle caride

17. Crisis de Fernando Vaquero Eguia

18. Dirhams de Jose Antonio Seoane Sánchez

19. Efecto invernadero de Andres Victorero Rey

 

O Telecentro de Tui, que axiña será inaugurado oficialmente, forma parte da Rede de Telecentros de Comunicación que promove a Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui, e atópase ubicado no primeiro andar do edificio “Área Panorámica” na rúa Colón, nº 2. Este Telecentro consiste nun equipamento público de acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación, dotado con 20 equipos informáticos, sistema de video conferencia, etc.