Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Prosegue a programación “Somos e seremos Inmarcescible” cun Un obradoiro, un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado e un taller de ioga e mediación

9/03/2020

Un obradoiro, un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado e un taller de ioga e mediación centran esta semana a programación “Somos e seremos Inmarcescibles” coa que se está a conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

Mañá martes, 10 de marzo, ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica celebrarase o obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez.

O mércores, 11 de marzo, ás 10 h, tamén na Sala Xacobeo,  está previsto un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado. Intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral.

O venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez.

Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.

Programación “Somos e seremos Inmarcescibles”

  • Martes, 10 de marzo ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez.  É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.
  • Mércores, 11 de marzo, ás 10 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54
  • Venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz
    • Taller  de ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.