Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proceso selectivo nomeamento interino Técnico de Xestión e formación de lista de reserva

27/11/2020

Resolución alegacións, suspensión exame luns 30/11/2020 e nova convocatoria para o mercores 02/12/2020

Finalizado o periodo de alegacións, hoxe reuniuse o tribunal para a resolución das mesmas, debido a que segundo o indicado no artigo 9 das bases de selección, debe transcorrer como mínimo un prazo de 48 hora dende a total terminación dun exercicio ou proba ata o comezo da seguinte; considera o tribunal que o remate do primeiro exercicio se produce coa resolución das alegacións presentadas e a asignación das puntuacións definitivas, polo que o exame convocado para o vindeiro luns día 30/11/2020 debe suspenderse debido a que non se cumpre a premisa arriba indicada.

Polo cal o tribunal decide convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o vindeiro mércores día 02/12/2020 as 09:00 horas na casa do Concello sita praza do Concello nº1 36700 Tui.