Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentado o programa de actividade físicas para maiores

30/03/2007

A Concellería do Maior do Concello de Tui e o Centro Di-Som Tui veñen de prorrogar o convenio que teñen asinado dende hai tres anos polo que puxeron en marcha un programa de actividades físicas para maiores. O obxectivo desta colaboración é proporcionar actividades cunha vertente clave no ámbito preventivo e tamén de carácter terapéutico.

José Prada, Concelleiro do Maior, Eduardo Méndez Sanjurjo, xerente do Di-som, e Julio Conde responsable destas actividades no Di-Som foron, onte a mañá, os responsables de presentar o convenio.

José Prada destacaba neste acto que en 2005 un total de 500 persoas se beneficiaron xa deste convenio, engadindo que é un éxito que os maiores participen nestes actividades, ao tempo que os animaba a beneficiarse desta actividade física programada especialmente para eles e co que terán un 50% de desconto no prezo da actividade.

Pola súa parte Eduardo Méndez Sanjurjo destacaba que para potenciar a actividade física nos maiores é preciso da colaboración entre o sector privado e o público. Engadía que o convenio está a dar uns resultados magníficos, e coma exemplo explicaba que realizaron máis de 900 atencións de masoterapia, ou os 150 usuarios de aquagim, natación e taichi que hai na actualidade. A estas actividades súmanse este ano ioga e baile de salón. Tamén Sanjurjo animaba aos maiores a probar estes deportes e darse conta dos beneficios que lles acarrea.

Antes de comezar unha destas prácticas deportivas faise unha valoración ao usuario para aconsellarlle cal é a que máis se axeita ás súas características.

Tomado o texto de www.galiciasuroeste.info