Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentado o Congreso "Álvarez Blázquez" a celebrar do 11 ao 13 de decembro en Tui

3/12/2008

PRESENTACIÓN DO CONGRESO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Data: mércores, día 3 de decembro

Hora: 12:00

Lugar: Concello de Tui

Interviñeron:

- D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega

- D. Xosé Luís Méndez Ferrín, membro do Comité Organizador e Académico da     RAG

- Dona Olga Lema, Secretaria da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

- D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui

 

Os días 11, 12 e 13 de decembro terá lugar no Teatro Municipal da cidade de Tui o "Congreso Álvarez Blázquez" organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

O acto de presentación comezou coas palabras do Alcalde tudense agradecendo a celebración deste Congreso en Tui como colofón ao labor desenvolvido polo Concello para a recuperación e dignificación da figura de Xosé Maria Álvarez Blázquez ao longo do ano, declarado polo Concello de Tui como "Ano Xosé María Álvarez Blázquez". De seguido o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, suliñou o importante papel que ao longo do tempo ten xogado Tui no pulo á cultura de Galicia e por eso estimou un acerto a decisión de celebrar este congreso na cidade tudense. Agradeceu ao Concello e á Consellería de Cultura e Deporte o apoio prestado e tamén á Comisión organizadora o labor desenvolvido. No nome desta Comisión, o académico Xosé Luís Méndez Ferrín, resaltou a dificultade de achegarse de xeito profundo á figura de Álvarez Blázquez pola multitude de aspectos nos que traballou, pero estima que o importante nivel dos diversos relatorios porá en evidencia i importante papel de D. Xosé María a prol da cultura de Galicia. Finalmente Olga Lema, secretaria da delegación provincial da Consellería de Cultura e Deporte, fixo un pequeno repaso do realizado por ese departamento arredor da figura de Álvarez Blázquez e amosou o compromiso desa Consellería pola posta en valor do seu trascendental traballo.

 

Programa do Congreso:

Lugar: Sala Felix Rodríguez (Edificio Área Panorámica - Rúa Colñon, 2) agás os actos de inauguración e clausura no Teatro Municipal.

 

11 DE DECEMBRO, XOVES

 

9:00 a 9:30 h Recepción e reparto de documentación

9:30 a 10:00 h Inauguración

10:00 a 10:45 h Conferencia inaugural. Xosé L. Méndez Ferrín: "A literatura galega interpretada por Xosé M.ª Álvarez Blázquez"

10:45 a 12:00 h: Comunicacións. Alfonso Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Gándara e Emilio Álvarez Rei: "Achega da familia Álvarez á construción do país"

12:00 a 12:30 h Descanso

12:30 a 14:00 h Visita guiada á Catedral de Tui

16:30 a 17:00 h Relatorio. Eduardo Méndez Quintas: "Reflexións en voz alta sobre o labor arqueolóxico de Xosé M.ª Álvarez Blázquez"

17:00 a 18:15 h Comunicacións. Manuel Bragado e Víctor Freixanes: "Álvarez Blázquez, editor"

18:15 a 19:30 h Debate conxunto

 

 

12 DE DECEMBRO, VENRES

 

10:00 a 10:30 h Relatorio. Xosé R. Pena: "Xosé M.ª Álvarez Blázquez, canonizador

e investigador da nosa literatura"

10:30 a 11:00 h Relatorio. X. R. Barreiro: "A obra histórica de Álvarez Blázquez"

11:00 a 11:30 h Descanso

11:30 a 12:00 h Relatorio. Rafael Sánchez Bargiela: "Xosé M.ª Álvarez Blázquez e a súa familia: un corazón aberto na vella cidade tudense"

12:00 a 13:00 h Mesa redonda. "O coleccionismo"; Moderador: Xosé L. Méndez Ferrín. Participan: Carlos Pérez -Fonterosa Antón, José Manuel González Troncoso e Ernesto Iglesias Almeida

13:00 a 14:00 h  Roteiro. Xosé M.ª Álvarez Blázquez

16:30 a 17:00 h Relatorio. Manuel Forcadela: "A narrativa galega de Xosé M.ª Álvarez Blázquez"

17:00 a 18:15 h Comunicacións. Carlos García Martínez e Fernando Acuña Castroviejo: "Xosé M.ª Álvarez Blázquez e a arqueoloxía da resistencia"

18:15 a 19:15 h Debate conxunto

 

13 DE DECEMBRO, SÁBADO

 

10:00 a 10:30 h Relatorio. Xosé M.ª Álvarez Cáccamo: "Xosé M.ª Álvarez Blázquez: a paixón das orixes"

10:30 a 11:30 h Comunicacións. Ana Acuña, Ramón Nicolás e Carlos Bernárdez "Xosé M.ª Álvarez Blázquez, unha voz propia e honrada"

11:00 a 12:00 h Descanso

12:00 a 13:00 h Debate conxunto

13:00 a 13:45 h Conferencia de clausura. Darío Xohán Cabana: "Xosé M.ª Álvarez Blázquez, editor revolucionario"

13:45 h Clausura

 

Inscrición

Estudantes e desempregados: inscrición gratuíta A inscrición formalizarase enviando un correo electrónico a secretaria@realacademiagalega.org en que se fará constar: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono, correo electrónico e modo de inscrición. Licenciados e profesores: 20 euros O ingreso da cota correspondente farase na entidade CAIXA GALICIA, número de conta: 2091 1023 32 3040000148, indicando "Congreso Álvarez Blázquez" e mais os datos persoais.  Deberase enviar copia do ingreso por correo ordinario ou fax á Real Academia Galega (Tabernas, 11 - 15001 A Coruña, teléfono e fax: 981 207 308). Admitiranse un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Está solicitado un crédito de libre elección (30 horas) para todos os matriculados. Entregarase un certificado de asistencia aos congresistas que teñan acreditado ter participado no Congreso.