Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro

22/09/2020

A Policía Local de Tui, en colaboración coa Garda Civil, interveu unha plantación de marihuana en Ribadelouro, incautando 15 plantas.

Tras as investigacións realizadas polos axentes da Policía Local nos últimos días o operativo, desenvolvido coa colaboración da Garda Civil, culminou na tarde de onte ao localizar plantas de marihuana no exterior dunha propiedade privada na parroquia tudense de Ribadelouro.  Esta mañá procederon a incautar 15 plantas de marihuana e realizaron unha proposta de sanción, en vía administrativa por presunta infracción á L.O. 4/2015 de protección da Seguridade Cidadá ao propietario das mesmas, por cultivo ilegal de sustancias estupefacientes.  O material incautado remitirase ás instalacións de Sanidade Exterior en Vigo para o seu análise e posterior sanción en vía administrativa.