Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os petróglifos da Macoca e o Castro do Alto dos Cubos centrarán este venres a segunda visita “Tralas pegadas do Tempo”

22/08/2018

A cita será ás 20.30h na zona infantil da Macoca onde haberá un obradoiro de caza

Este venres celébrase a segunda visita do programa “Tralas pegadas do tempo” organizada pola concellería de Patrimonio e Cultura. Tras o éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres realizarase a Ruta petróglifos da Macoca e Alto dos Cubos.

O punto de encontro será ás 20.30h na area infantil da Macoca en Pazos de Reis, onde como actividade experimental ser realizará un obradoiro de caza. A continuación realizarase un percorrido polos petróglifos da Macoca, o camiño do Raposo e finalmente o Castro do Alto dos Cubos ou de Francos. Unha arqueoloxía moi descoñecida e incluso boa parte, aínda por descubrir xa que se considera que so coñecemos un 0,5% do xacemento.

Ofértanse 50 prazas para esta visita sendo preciso inscribirse por Whatsapp no número 610 70 34 88.

A terceira visita será o 8 de setembro pola ruta dos petróglifos de Rachadón e as Mámoas da Chan do Tetón, en Malvas. A derradeira será o sábado 15 de setembro ás Mámoas de Chan Longa e ao recinto amurallado do Monte Aloia.