Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación e Conservación de Documentos en Papel

30/05/2019

Organízase para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos

Os arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença.

Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que impartido no Arquivo Municipal de Tui por persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño, a partir das 10 h cunha duración aproximada de catro horas.

Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requisito que deben cumprir os participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.

A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) debe realizarse enviando o modelo de inscrición ao correo electrónico: arquivo@tui.gal.

A Asemblea Xeral en novembro de 2007 do Consello Internacional dos Arquivos, ICA, oficializou que sería o 9 de xuño a data para celebrar o Día Internacional dos Arquivos. Este día foi elixido porque o 9 de xuño de 1948, o Consello Internacional de Arquivos estableceuse baixo os auspicios da UNESCO. Esta elección foi aprobada de inmediato e adoptada pola comunidade arquivística internacional.

"Os arquivos custodian decisións, actuacións e memoria. Os arquivos conservan un patrimonio único e irremplazable que se transmite de xeración en xeración. Os documentos son xestionados nos arquivos desde a súa orixe para preservar o seu valor e o seu significado. Os documentos son fontes fiables de información que garanten a seguridade e a transparencia das actuacións administrativas. Xogan un papel esencial no desenvolvemento da sociedade contribuíndo á constitución e salvagarda da memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida."

Cada ano o ICA establece un lema para a celebración desta xornada. No ano 2019 o slogan é "Deseñar Arquivos" e propón situar ás persoas no centro do traballo profesional que se realiza nos arquivos. A campaña fai fincapé sobre o rol da profesión no Século XXI onde arquiveiros, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio dos cidadáns e a comunidade en xeral. Isto transcende límites xeográficos e ámbitos profesionais no seu conxunto. Deseñar os novos arquivos que dean resposta ao reto do paso da documentación en papel á dixital pero ao tempo garantindo a conservación dos documentos custodiados nos seus depósitos.

Modelo de inscrición