Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Orquestra Sinfónica de Tui ofrece este venres o concerto de Nadal

20/12/2017

Actuará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença

Este venres, 22 de decembro, ás 21h celébrase o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença. 

A Orquestra Sinfónica de Tui, que fixo a súa presentación oficial neste mesmo evento en 2016, está formada por 42 alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença.  No concerto participará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença, integrada pro 32 persoas. Estarán dirixidos por Luís Caballero.

O concerto comezará coa orquesta de corda que interpretará

  • Saint Paul’s Suite.....................................................Gustav Holst (I e IV movementos)
  • Concerto para dúas guitarras en Sol maior Rv 532……….A. Vivaldi
    • Guitarras Solistas: Gabriel Silvera Marcoff e Joao Pedro Marinheiro do Seixo
  • 3 Fados (Locura, Primavera e Meu Fado)…………………….Popular Portugués
    • Cantante Solista: Marlenne. Guitarra Portuguesa Solista: Gabriel Silvera Marcoff

A continuación a Orquestra Sinfónica interpretará:

  • Danubio Azul……………………………………………………………………J. Strauss

E coma remate a Orquestra Sinfónica e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán conxuntamente:

  • Adeste Fideles………………………………………......…..J. F. Wade
  • Natal de Elvas……………...………...………………..…...Popular (Arr. Filipe Cunha)
  • Suite de Navidad…….……………...………………….....Arr. Marcos Valcárcel Gregorio
  • Marcha Radetzky………………………………….…...…..J. Strauss

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende as 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.