Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina de Rehabilitación está a elaborar unha listaxe de interesados ante a próxima convocatoria de subvencións para a ARI

2/08/2017

As axudas serán para obras de mantemento e rehabilitación de vivendas na cidade medieval, San Domingos e San Bartolomeu

Ante a próxima convocatoria das axudas para obras de mantemento e rehabilitación de vivendas na zona ARI, Área de Rehabilitación Integral, do Concello de Tui a Oficina de Rehabilitación está a elaborar unha listaxe de propietarios interesados nestas achegas.

En concreto as axudas irán dirixidas a propietarios interesados en realizar obras en inmobles situados na cidade medieval, en San Domingos e San Bartolomeu. Dende a Oficina de Rehabilitación recomendan informarse das condicións que se deben cumprir e das obras que poderán ser subvencionadas. Así coma asesorarse sobre a solicitude de licenza ou comunicación previa. Para iso os interesados poden achegarse os xoves de 9 a 14h ata a Oficina de Rehabilitación, situada no departamento de Urbanismo, para coñecer de primeira man os trámites a seguir para solicitar as futuras axudas. No caso de non poder acudir os xoves poden deixar os seu datos calquera día da semana no departamento de Urbanismo, e a técnica da Oficina de Rehabilitación contactará posteriormente con eles.

Con estas consultas iniciais dende a Oficina de Rehabilitación elaborarase unha listaxe de interesados nas subvención da ARI, Área de Rehabilitación Integral, para unha vez se abra o prazo de solicitude informarlles de que poden iniciar os trámites oportunos.