Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O xoves 3 de xaneiro inaugúrase a exposición da tudense Mila Alonso, "Pequeños trozos de biografía"

2/01/2008

MAÑÁ XOVES 3 DE XANEIRO A SALA DE EXPOSICIÓNS COMEZA O NOVO ANO COA EXPOSICIÓN DA PINTORA TUDENSE MILA ALONSO 

Pequeños trozos de biografía” é o título da exposición que a pintora Mila Alonso inaugura mañá xoves 3 de xaneiro ás 20,30 horas na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui e coa que este espazo expositivo tudense abre o novo ano 2008. Mila Alonso, é o nome de Milagros González Huertas, natural da parroquia tudense de Guillarei e que por vez primeira amosará a súa produción artística na nosa cidade. O óleo e o pastel son as técnicas empregadas nas obras que amosará ao público en Tui. 

A propia pintora preséntase coas seguintes palabras “ Mí trabajo lo defino como hiperrealismo con un punto de subrrealismo. En los retratos me gusta que los personajes entren y salgan del lienzo, tanto estos como los paisajes rurales y urbanos. Siguiendo al espectador por toda la sala. Por este motivo es interesante observarlos desde ambos ángulos. Me defino colorista con lo cual atrapo a las personas que visitan mis exposiciones. El título de la exposición en la Sala Municipal de Tui es "Pequeños trozos de biografía", eso y no otra cosa es lo que me motiva para ponerme delante de un lienzo en blanco. Como la catedral de Tui con toda su magia, la cual tiene mucho que ver Bieito Dubidoso que tanto amaba a esta ciudad, la casa de la señora Dina Lopez, mis dos abuelas ambas de Tui.... Soy lo que hago no lo que digo. 

Para o concelleiro de cultura do Excmo. Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición amosa o importante compromiso que esta Concellería posúe coa promoción da obra dos artistas tudenses ofrecendo este espazo do edificio Área Panorámica como un lugar aberto ás súas propostas artística, ofrecendo ao público da nosa cidade a produción pictórica neste caso de Mila Alonso.