Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Vintage Volkswagen Club de Galicia iniciará o Camiño Portugués dende Tui este domingo

25/10/2017

Unha trintena de clásicos participará nesta iniciativa que partirá do Paseo da Corredoira de Tui

Este domingo, 29 de outubro, o Paseo da Corredoira de Tui acollerá a unha trintena de vehículos Volkswagen que realizarán o Camiño Portugués a Santiago organizado polo Vintage Volkswagen Club de Galicia.

Os vehículos chegarán ao Paseo da Corredoira ás 10.00 horas, onde estacionarán para realizar unha visita guiada pola Catedral, sendo a partida ás 12.15 horas en dirección a Caldas de Reis, para continuar posteriormente ata Padrón.

O Vintage Volkswagen Club apostou este ano por celebrar o seu encontro anual realizando unha versión “motorizada” do Camiño de Santiago dende Tui. Teñen confirmada a participación 58 persoas en 30 clásicos de VW chegados de distintos puntos do país e tamén dende Portugal.