Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro venres presentación do libro "La música en los libros cantorales de la Catedral de Tui"

20/12/2006

O VINDEIRO VENRES PRESENTACIÓN DO LIBRO “LA MÚSICA DE LOS LIBROS CANTORALES DE LA CATEDRAL DE TUI”

O vindeiro venres 22 de decembro ás 20,00 horas procederase á presentación do libro-catálogo dos cantorais da Catedral tudense, obra que foi dirixida polo musicólogo ourensán, Manuel Rey Olleros, e que remata de sair do prelo co título de “La música de los libros cantorales de la Catedral de Tui. Catalogación e interpretación”.
Este acto terá lugar no primeiro andar do edificio “Área Panorámica” da nosa cidade ás 20,00 horas e contará coa presenza do autor desta investigación, o director do Arquivo Capitular da Catedral tudense, Avelino Bouzón Gallego, e o Concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez.
Esta obra foi editada gracias ao xeneroso patrocinio da Fundación Ignacio Larramendi, que por medio dunha das súas liñas de traballo nos arquivos eclesiásticos, nomeadamente nos catedralicios, financiou esta catalogación dos libros cantorais.
O autor deste traballo é un recoñecido especialista en musicoloxía e recentemente lacado o décimo premio de investigación “Manuel Iglesias” polo seu traballo sobre “A música nos cantorais do mosteiro de San Salvador de Celanova, I. Cantos da misa”.
Nesta obra se estudian os 29 libros cantorais que se conservan na Catedral de Tui e que conforman un rico conxunto patrimonial que con esta publicación lograran unha ampla difusión.