Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro venres a Armada entrégalle unha áncora ao Concello de Tui

10/04/2007

O VINDEIRO VENRES, 13 DE ABRIL, A ARMADA ENTREGA AO CONCELLO DE TUI A ÁNCORA DA FRAGATA “ANDALUCIA”

Para o vindeiro venres 13 de abril está prevista a celebración na cidade de Tui do acto oficial de entrega por parte da Armada Española dunha áncora ao Concello de Tui realizándose este acto na Praza da Armada, lugar onde ficará ubicado esta áncora monumental.
Os actos estarán presididos polo Almirante D. Gonzalo Sirvent Zaragoza, Xefe do Mando de Acción Marítima de O Ferrol, e o Alcalde de Tui, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, xunto con outras autoridades civis e militares.
Esta áncora perteneceu á Fragata Andalucia, que estivo en servizo na Armada entre os anos 1974 e 2005. Trátase dunha áncora tipo “Danforth”, cun peso de 2.070 quilógramos, unha lonxitude de caña de 3.34 m e unha anchura de cruz de 2,38 m.

O programa previsto co gallo destes actos é o seguinte:

12,00 h.: Visita á exposición filatélica “Militaria” no edificio “Área Panorámica”, na rúa Colón nº 2.

12,30 h.: Acto protocolario de entrega da áncora na Praza da Armada co descubrimento dunha praca conmemorativa.

13,00 h.: Desprazamento ao acuartelamento e inauguración das exposicións sobre o Río Miño nas instalacións da Comandancia Naval do Miño.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moises Rodríguez Pérez, este novo acto por parte da Armada á nosa cidade patentiza, por unha banda, o vencellamento que os mariños militares sinten pola nosa cidade e que ten a súa testemuña permanente na presenza en Tui da Comandancia Naval do Miño e da dotación da patrulleira “Cabo Fradera” e, por outra banda, contribuirá a consolidar os lazos de amistade entre os tudenses e as Forzas Armadas, como quedou patentes noutras oportunidades como foi, no ano 2004, a entrega dunha “corbata” á bandeira da Escola Naval Militar de Marín.
O Concello de Tui convida a todos os veciños da nosa cidade a participar neste acto solemne de entrega deste áncora o vindeiro venres, amosando a amistade que os tudenses sinten cara ás xentes da Armada.