Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres contacontos na Biblioteca Municipal de Tui

30/04/2008

O VENRES CONTACONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE TUI

Fran Insua presenta “Palabras e papeis”

A Biblioteca Pública Municipal organiza para o vindeiro venres 2 de maio unha sesión de contacontos, ao abeiro da súa programación do “Mes do libros”, que estará a cargo de Fran Insua que presenta o seu espectáculo: “Palabras e papeis”.

Esta contacontos está indicado para os rapaces menores de 10 anos de idade e comezará ás 18,30 horas da tarde nas dependencias da Biblioteca tudense.

Fran Insua é un debuxante, deseñador gráficos e contador de historia, que chega ao mundo dos contos infantís da man das ilustracións para nenos. Como el mesmo afirma “os debuxos levaronme ás historias e o compartir o pracer que estas me producián levoume á narración oral”

“Palabras e papies” é unha sesión de contos na que cómpren os ollos para escoltar. Nesta sesión participa o dragón Xián, compañeiro de viaxe de Fran, a ambos gústanlle os libros de tapas duras. Acompañado de debuxos, maquetas e libros Fran transita polo interior dalgún libros de tapas duras que gardan historias ilustradas. Con esta sesión Fran e o dragón Xián teñen percorrido escolas, prazas e bibliotecas de Galicia, Madrid, Castela, Zaragoza, etc.

Esta sesión de contacontos está organizada pola Biblioteca Municipal de Tui e conta co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta actividade forma parte da programación da Biblioteca Municipal por achegar os contos e o pracer da lectura tamén aos nosos cidadáns máis cativos.